SALVANTOR: - Libros para Kindle - Buscar libros:

Luns (EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book) (Galician Edition)



Autor: Elisabet Ríos Liste
Ranking en Amazon: #132682 (ayer: #131805)
Páginas: 152

Descripción:
Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi pouco tempo e á vez suficiente para se decatar de que a súa realidade non lle permite encontrar un modo de se enfrontar á situación. Coa certeza da morte pairando en cada recuncho toma consciencia dunha realidade que non sempre é o que parece. Unha realidade oculta a plena luz do día.
"Luns", gañadora do Premio Torrente Ballester de novela en 2016, está escrita cunha técnica arriscada, valente e innovadora, que prescinde de adobíos e consegue conmover, logrando facer partícipe a quen a le das circunstancias que acontecen no día a día de Nerea.





Salvantor - Web especializada en libros para el Kindle de Amazon. Rankings y comentarios sobre libros. Privacidad
Como afiliado de Amazon yo ingreso por compras adscritas.
Amazon y el logotipo de Amazon son marcas comerciales de Amazon.com, Inc. o de sociedades de su grupo.
Cierto contenido que aparece en esta web proviene de Amazon EU S.à r.l. Este contenido se provee "tal cual" y está sujeto a ser cambiado o eliminado en cualquier momento.