SALVANTOR: - Libros para Kindle - Buscar libros:

Fóra de si (Edición Literaria - Narrativa E-Book)



Autor: Suso De Toro
Ranking en Amazon: #28206 (ayer: #22650)
Páginas: 224

Descripción:
Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada.
Suso de Toro ofrece en "Fóra de si" unha narración memorable e sen concesións arredor da identidade familiar, da perda e da culpa, continuando a liña iniciada en obras fundamentais no seu catálogo como "Calzados Lola", "A sombra cazadora", "Home sen nome" ou "Sete palabras". A agardada volta á novela dun clásico do noso tempo.





Salvantor - Web especializada en libros para el Kindle de Amazon. Rankings y comentarios sobre libros. Privacidad
Como afiliado de Amazon yo ingreso por compras adscritas.
Amazon y el logotipo de Amazon son marcas comerciales de Amazon.com, Inc. o de sociedades de su grupo.
Cierto contenido que aparece en esta web proviene de Amazon EU S.à r.l. Este contenido se provee "tal cual" y está sujeto a ser cambiado o eliminado en cualquier momento.